Debuxos de negros é o título dunha serie de doce láminas que Castelao debuxara durante a súa estancia en Cuba a finais de 1938 e primeiros de 1939, cando residía en Nova York. Están asinados en 1939.
Nove das láminas da serie recollen figuras de músicos, individuais ou en grupo, bailarinas e comparsas dos carnavais de Cuba. Outra representa un vendedor de lotería, outra un negro no inverno neoiorquino (Negriño en Nueva York), debuxada -ou esbozada- nesta cidade, e outra unha muller e un meniño de claros riscos orientais, probablemente tamén creada en Nova York [1].
Todos eles están realizados a augadas de tinta chinesa sobre papel, con medidas que oscilan entre os 30x22 e os 35x43 cm, e consérvanse no Museo de Pontevedra. Domingo García-Sabell, en 1970, describíaos así:
Os debuxos de negros, feitos en Cuba e en Norteamérica, en 1939, son sen dúbida unha das expresións máis verdadeiras, e máis patéticas, da creatividade do artísta.
Notas
- ↑ Este último debuxo está exposto no Museo de Pontevedra separado dos outros once, como se non formase parte da mesma carpeta.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|
---|
Obra | Narrativa | |
---|
Teatro | |
---|
Ensaio | |
---|
Debuxo e pintura | |
---|
|
---|
Familia | |
---|
|