David Villasuso Castaño, nado na Coruña en 1973, é un financeiro galego, actual secretario do Consello de Administración do Deportivo da Coruña dende 2023.
Traxectoria
Traballou no sector financeiro, pasando entre 2003 e 2020 por Caixanova, Deutsche Bank, Caixa Galicia, Novacaixagalicia e Banco Pastor.[1] En xuño de 2020 converteuse no director xeral do Deportivo da Coruña e as súas sociedades dependentes, e seis meses despois pasou a formar parte do Consello de Administración presidido por Fernando Vidal, ocupando a vacante deixada por Miguel Otero.[2]
En xuño de 2023, tralo novo fracaso deportivo da tempada anterior, na que o Deportivo perdeu o ascenso na promoción, Abanca destituíu o Consello de Administración do club, quedando Villasuso como apoderado.[3] Trala formación dun novo Consello, foi o único dos antigos membros que seguiu formando parte do mesmo, co cargo de secretario.[1]
Notas