David[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo (דָּוִד; Dawidh) que significa «o amado e querido» ou «o elixido de Deus». É un nome bíblico que provén do famoso rei David de Israel. En galego tamén ten a variante Davide.[2]
En xaneiro de 2023 existían 20.553 varóns en Galicia co nome David, cunha media de idade de 34,9 anos,[3] e 21 co nome Davide, cunha media de idade de 41,3 anos.[4]
Orixe
David é o nome dun personaxe bíblico do Antigo Testamento:
A súa vida vese dividida en varios períodos e así reflíctese na Biblia. 'Na súa xuventude' ' (1º de Samuel 16:10) - 'ó servizo de Saúl ' ' (1º de Samuel 16:14-18) - 'o heroe fuxitivo' ', (David fuxiu de Saúl) (1º de Samuel 21:1-9) - 'Rei de Xudá' ', (despois da morte de Saúl) (2ª de Samuel 2:1-10) - ' ' Rei de Israel ' ' (despois da morte de Is-boset, foi escollido rei por tódalas tribos (2ª de Samuel 5:1-5).
Variantes
Santoral
A celebración do santo de David correspóndese co día 29 de decembro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos