Santa María de Dúas Igrexas é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei. Segundo o IGE en 2009 tiña 382 habitantes (214 mulleres e 168 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 461 habitantes.
Nesta parroquia houbo dúas igrexas moi próximas e de igual categoría, unha consagrada a San Vicente e outra a Santa María[3].
A igrexa de Santa María de Dúas Igrexas é de orixe románica. A ábsida construíuse en 1742 e cubriuse con bóveda de crucería. O corpo da igrexa, a torre e a portada realizáronse en 1822. No interior conserva unha pía bautismal románica da antiga igrexa de San Vicente.
Córneas | Espindo | Loureiro | Quintelas | As Rabadeiras | Valiñas
Aciveiro (Santa María) | Castrelo (Santa Mariña) | Dúas Igrexas (Santa María) | Forcarei (San Martiño) | A Madanela de Montes (Santa María Madanela) | Meavía (San Xoán) | Millarada (San Amedio) | Pardesoa (Santiago) | Pereira (San Bartolomeu) | Quintillán (San Pedro) | San Miguel de Presqueiras (San Miguel) | Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña) | Ventoxo (San Nicolao)