Celébrase o I Concilio de Toledo, que se ocupa dadisciplina eclesiástica, de aprobar unha regra de fe (veracidade de asunto controvertida) e da condena do priscilianismo.
Fundación do Reino de Galicia. (Isidoro de Sevilla no seu Historia Sueborum data en cento setenta e sete anos a duración do reino suevo; confírmanse as fontes na asturiana Crónica Albeldense, Cronicón Iriense e outras, e xa na historiografía moderna a partir do XVIII)
Teodosio II é proclamado emperador romano de Oriente.