D'Artacán y los tres mosqueperros (ワンワン三銃士, Wanwan Sanjushi?) é unha serie de debuxos animados hispano-xaponesa baseada na obra Os tres mosqueteiros, de Alexandre Dumas. No debuxo animado, as personaxes están representadas mediante animais antropomorfos, principalmente cans.
A serie foi coproducida en 1981 por BRB Internacional S.A e animada polos estudios Nippon Animation no Xapón, onde comezou a emitirse o 9 de outubro de 1981.[1] Máis adiante foi exportada a España e outros países por BRB Internacional, emitíndose por primeira vez en Televisión Española en 1982.[2]