Cándido Carreiras

Modelo:BiografíaCándido Carreiras
Biografía
Nacemento1870 Editar o valor en Wikidata
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1947 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Mondoñedo
1931 – 1931
← José María Álvarez MonGermán Rego González → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 16717

Cándido Carreiras Domenech, nado en Mondoñedo en 1870 e finado na mesma vila en 1947, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria

Rexentou unha xastrería e un café-librería na planta baixa da súa vivenda. Republicano, correlixionario de Manuel Leiras Pulpeiro, o 11 de febreiro de 1892 asistiu a un banquete celebrado en conmemoración da proclamación da Primeira República. En 1904 asistiu a unha asemblea rexional republicana, representando aos republicanos de Mondoñedo. En maio de 1913 asistiu aos actos de propaganda republicana que o Partido Republicano Radical celebrou en Santiago de Compostela.

Durante a Ditadura de Primo de Rivera sufrió multas e ameazas de prisión, chegando a ser desterrado a Ribadeo. Presidente do Comité Republicano de Mondoñedo, proclamou a Segunda República desde o balcón da antiga Casa Consistorial aos acordes do Himno de Riego. Foi presidente da Comisión Xestora de Mondoñedo e secularizou o cemiterio municipal aos tres días de posesionarse da Alcaldía. o Cesou como alcalde o 18 de xuño de 1931 ao tomar posesión a corporación elixida nas eleccións de maio.[1] Colaborou en Don Fino, Tierra Gallega, El Radical e Guión, foi redactor xefe de Justicia e tamén colaborou en El Pueblo Gallego do que foi correspondente en Mondoñedo.

Coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro da Xestora municipal como independente de esquerda, tomando posesión en marzo.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de agosto. Trasladado á cadea de Lugo e despois á de Monforte, foi conducido ao cárcere da Coruña o 21 de outubro de 1937.

Vida persoal

Casou con Aurora Herbón González.

Notas

  1. La Voz de Galicia, 25-6-1931, p. 8.
  2. El Progreso, 7-3-1936, p.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
José María Álvarez Mon
 
Alcalde de Mondoñedo
 
1931
Sucesor:
Germán Rego González

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!