A cultura do vaso campaniforme é unha etapa do calcolÃtico caracterizada polo uso da cerámica atopada en enterramentos funerarios. Está datada entre o 2200 antes da era actual ata os arredores do 1800 antes da era actual. A cerámica é feita a man, sen torno e ten contorna en forma de S. Ten decoracións xeométricas feitas con cordas, pedras, cunchas ou paus. Os primeiros vasos en Galicia foron atopados nas Pontes de GarcÃa RodrÃguez por Santiago de la Iglesia Santos a finais do século XIX (1893). No ano seguinte, o ortegán Federico Maciñeira atopa na mesma zona outros exemplares deste tipo de cerámica.[1]