Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde xullo de 2017.)
Un cuarto de baño[1] (chamado tamén sanitario[2] ou simplemente baño[1]) é unha habitación xeralmente utilizada para o aseo persoal, o baño e a evacuación de refugallos humanos.
Elementos fundamentais dun baño
Bañeira e/ou ducha, aínda que tamén existe o baño de visitas que non adoita ter este elemento.
Lavabo (tamén chamado lavamans), onde se adoitan lavar as mans. Tamén se usa para afeitarse (os homes), cepillarse os dentes ou colocarse lentes de contacto.
Espello, onde se reflicte a nosa imaxe e podémonos ver (adoita servir de apoio para peitearse, para retocarse a maquillaxe, afeitarse etc).
Adicionalmente, tamén poden terse os seguintes elementos:
Bidé, recipiente baixo con auga corrente e desaugadoiro, ideado para asear os órganos xenitais externos e o ano, aínda que tamén é utilizado para lavarse os pés;
Armarios ou baldas para almacenar produtos de aseo.
Urinarios, elementos usados nos sanitarios públicos para cabaleiros (recintos educativos, centros comerciais, oficinas etc.) sendo moi raro o seu uso en cuartos de baño residenciais.
Accesorios habituais
Toalleiros, tanto para toallas de man como de baño;
Portarrolos, para colocar o papel hixiénico;
"Escobilleiro", para facilitar a hixiene do inodoro e doutras zonas.
Particularidades
En certos baños non se instalan todos os aparellos e accesorios que foron sinalados. En países fríos adóitase separar o inodoro (cun lavamans) noutro local á parte, posto que esta área require máis ventilación, e iso arrefriaría demasiado o ambiente cando se desexa tomar unha ducha.