Dentro desta especie suxeríronse subdivisións taxonómicas tanto por motivos xeográficos como entre ecotipossimpátricos. FishBase considera as poboacións británicas deste corégono como unha especie separada, Coregonus vandesius,[8] pero esta distinción non é aceptada pola maioría os ictiólogos.[9]
Características
Coregonus albula é un peixe delgado e estilizado, que presenta unha aleta adiposa, unha pequena aleta adicional no dorso entre a aleta dorsal e a aleta caudal, como é típico na familia dos salmónidos. A súa mandíbula (maxilar inferior) é máis longa que o maxilar superior. Ten unha aparencia semellante tanto a Coregonus lavaretus, cuxo maxilar superior é máis longo que o inferior, como a Coregonus peled, cuxos maxilares son de igual lonxitude. O dorso é de cor verde azulada ou marrón, os flancos son prateados e o ventre branco.[7]
Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 48,0 cm, pero a maioría dos espécimes miden uns 20,0 cm. O máximo peso rexistrado foi de 1,0 kg.[10]
Coregonus albula é unha especie lacustre e mariña de augas abertas. No mar, aliméntase preto da costa).[12] Forma cardumespeláxicos nos lagos máis profundos.[13] É anádromo no Báltico.[8]
Coregonus albuladesova ao longo das costas, a 3-10 m de profundidade, raramente até os 22 m de profundidade ou xusto debaixo da superficie. Desova máis profundamente en lagos claros e máis preto da superficie en lagos con augas húmicas.[12] A desova efectúase sobre substratos pouco profundos de area ou de grava.[8]
Reprodúcese xeralmente no outono, pero en varios lagos do norte de Europa existen poboacións distintas de corégonos que desovan na primavera, algunhas das cales foron descritas como especies separadas: en Suecia, como Coregonus trybomi, e en dous lagos do norte de Alemaña, como Coregonus fontanae e Coregonus lucinensis. Estas poboacións son simpátricas con corégonos que se reproducen no outono e parecen ter evolucionado posglacialmente a partir delas de forma independente en cada lago.[Cómpre referencia]
Relacións cos humanos
A especie é obxecto de pesca comercial. Figura nos escudos de armas de moitas cidades e pobos onde se pesca.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que é unha especie que está moi estendida e que non se coñecen grandes ameazas sobre ela, cualifuica o seu status como LC (pouco opreocuopante). Poeén, cómpre confirmar as identidades dalgunhas poboacións lacustres.[1]
↑Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
↑Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemaña.
Svetovidov, A. N. (1984): "Salmonidae". páxs. 373-385 en Whitehead, P. J. P., Bauchot, M. L., Hureau, J. C., Nielsen, J. & Tortonese, E., eds. Fishes of the North-eastern Atlantic and the Mediterranean. Volume 1. París: UNESCO. ISBN 9-2300-2215-2.