Alén da utilización na liga do ferro gusa, debido a escaseza do carbón vexetal, o Coque de petróleo pode ser usado en varias outras formas posíbeis, tales como:
Pastilla de freo automotivo,
Zapatas Ferroviarias,
Alimentación de fornos refractarios
* Colorización de vidros.
Obtención
O coque é obtido polo proceso de coqueificación, que consiste, en principio, no quecemento a altas temperaturas, en cámaras hermeticamente pechadas (excepto para saída de gases), do carbón mineral. No quecemento ás temperaturas de coqueificación e na ausencia de ar, as moléculas orgánicas complexas que constitúen o carbón mineral se dividen, producindo gases e compostos orgánicos sólidos e líquidos de baixo peso molecular e un residuo carbonáceo relativamente non volátil. Este residuo resultante é o coque, que se presenta como unha substancia porosa, celular, heteroxénea, so os puntos de vista químico e físico. A calidade do coque depende moito do carbón mineral do cal se orixina, principalmente do seu teor de impurezas.
Notas
↑"coque". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-26.