Na tempada 2010-2011 disputouse a 78ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os dez equipos da División de Honra, mais os catro equipos da fase de ascenso e dous equipos clasificados nunha fase previa.
Na final, xogada no Campo de El Pantano de La Vila Joiosa o 10 de abril de 2011, o Cetransa El Salvador derrotou ó VRAC Quesos Entrepinares (os dous clubs de Valladolid) por 13 a 0.[1]
A 78ª edición da Copa do Rei contou cunha fase previa de clasificación [2] e con 4 roldas eliminatorias (oitavos de final, cuartos de final, semifinais e final). Tiñan dereito a participar no torneo os 10 equipos da División de Honra, os 4 equipos da fase de ascenso a División de Honra, e outros 2 equipos saídos da fase previa de clasificación. Destes 16 clubs que deberían disputar a rolda de oitavos de final, tres rexeitaron participar: o CAU Valencia, o Vigo RC e o CR Les Abelles; de xeito que a Federación Española de Rugby tivo que axustar o formato do torneo e convidou a outro club, quedando en 14 o número de equipos participantes:[3]
Da División de Honra:
Da fase de ascenso á División de Honra:
Da fase previa de clasificación::
Convidado:
Como primeiros clasificados da liga, o CR La Vila e o Ordizia RE quedaron exentos da rolda de oitavos de final por mor da ausencia de rivais e foron clasificados directamente para cuartos de final.