A tempada 1996-1997 da Heineken Cup foi a 2ª edición da máxima competición continental do rugby europeo. 20 foron os equipos participantes, divididos en 4 grupos de 5, para afrontar a primeira fase da competición, a fase de grupos. Tralas 5 xornadas correspondentes a esta primeira fase, os 2 primeiros de cada grupo disputaron os cuartos de final a partidos único, as semifinais e a final.
Participaron nesta 2ª edición do torneo 4 equipos franceses, 4 galeses, 3 irlandeses, 2 italianos e por primeira vez tamén 4 ingleses e 3 escoceses.
Os 2 primeiros equipos de cada grupo clasificáronse para os cuartos de final, nos que os líderes de grupo xogaron como locais. As semifinais xogáronse tamén no campo dos mellores clasificados na fase de grupos. A final xogouse o día 25 de xaneiro do 1997 no estadio Arms Park de Cardiff ante preto de 41.000 persoas. O Brive coroouse como segundo Campión de Europa.