A Copa Mundial de Clubs da FIFA 2009 foi a 5ª edición oficial do torneo organizado pola FIFA para determinar o club campión do mundo de fútbol. Despois de 4 anos disputándose no Xapón, no ano 2009 o campionato viaxou ós Emiratos Árabes Unidos, concretamente a Abu Dabi. Os encontros comezaron o 9 de decembro e remataron o 19 de decembro coa final.
Os equipos participantes foron os 6 campións continentais da AFC, CAF, Concacaf, Conmebol, UEFA e OFC, e o equipo campión da liga local, o Al-Ahli:
O encontro previo foi: Al-Ahly 0 - 2 Auckland City
O campión foi o Fútbol Club Barcelona, que acadou o máximo título internacional a nivel de clubs da FIFA por vez primeira.