A Copa Galicia 1943/44 foi unha competición de fútbol organizada pola Federación Galega de Fútbol na que participaron o Racing Club de Ferrol, o Club Lemos, o Club Betanzos, o Galicia Club de Fútbol, a Sociedade Ximnástica Lucense, a Unión Deportiva Orensana, o Club Berbés, o Club Santiago, o Club Turista, o Pontevedra Club de Fútbol e o equipo de reserva do Deportivo da Coruña,[1][2] este último fóra de concurso.[3][4][5] Tamén estaba prevista a participación do Celta de Vigo co seu equipo de reserva[6][7] pero finalmente acordou non facelo.[8]
O Club Lemos retirouse do torneo por non o poder compaxinar co Campionato de España de Afeccionados, competición na que tamén estaba a tomar parte.[9] O torneo foi xogado entre abril e xullo de 1944. Os equipos foron divididos en dous grupos, norte e sur, disputándose cada grupo en forma de liga a dúas voltas. O vencedor de cada grupo clasificouse para xoga-la final.[1][2] Proclamouse campioa a Sociedade Ximnástica Lucense.[10]
A clasificación xeral do grupo sería a seguinte:
Mais como o Deportivo da Coruña (reservas) non puntuou ó participar fóra de concurso,[3][4][5] a clasificación final foi a seguinte: