Consello rexional de Samaria

Situación do Consello rexional de Samaria.

O Consello rexional de Samaria (hebreo: מועצה אזורית שומרון‎, Mo'atza Azorit Shomron) é un consello rexional Israelí do norte de Xudea e Samaria. Dentro da súa xurisdición proporciona os servizos municipais a uns 35 comunidades israelís[1] nos montes de Samaria, cunha poboación total de ao redor de 34,100 persoas.[2] As oficinas principais están situadas no Parque Industrial Bakú. O logotipo do consello está inscrito coas palabras Bíblicas de Xeremías 31:5: "De novo plantarás viñas nos montes de Samaria", facendo referencia á industria de viticultura da rexión.[3]

A área municipal do consello esténdese por uns 2.800 quilómetros cadrados. Ata o outono de 2005 cando algunhas das súas terras municipais foron abandonadas como parte da retirada israelí, o consello de Samaria era o consello rexional máis grande por territorio.

En agosto do 2015, Yossi Dagan foi elixido para a posición de presidente do Consello Rexional de Samaria cun 62% dos votos.[4]

Núcleos de poboación

Notas

  1. "The Shomron Rexional Council website". Consultado o 11 de febreiro de 2016). 
  2. "Locality File". Israel Central Bureau of Statistics. 2011. Arquivado dende o orixinal (XLS) o 23 de setembro de 2013. Consultado o 2 de febreiro de 2013. 
  3. "מועצה אזורית שומרון" (en hebreo). Consultado o 18 de maio de 2018. 
  4. LAZAROFF, TOVAH (5 de agosto de 2015). "Yossi Dagan wins election to head Samaria Rexional Counci". Jerusalem Post. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!