Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Présaras.
O condado de Présaras foi un condado situado nos territorios que hoxe ocupan os concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado, terras onde se localizaba o campamento romano da Ciadella. Ten a súa orixe nas "pressurae" ou "pressura" romanas: terras desertas que se ofrecían a colonos para que fosen poboadas e traballadas. Nas orixes estas terras non dependían máis que do rei, pero foron transformándose en "comisio", pasando posteriormente a ser condados[1]. É o antecesor do arciprestado de Sobrado.[2]
Historia
No ano 920, Hermenexildo Aloitez[3] foi nomeado conde de Présaras polo rei Ramiro II, a quen serviria como mordomo entre os anos 937 e 949.
En 952, xunto coa súa esposa, Paterna Gundesindez, fundou o mosteiro de Sobrado dos Monxes[4][5] e no ano 958 o matrimonio traspasou o título condal ao mosteiro, cedendo á abadesa Elvira un total de 16 vilas xunto con outros bens.
Hermenexildo retirouse o mosteiro e viviu nel como monxe até a súa morte no 10 de decembro de 966.
Posteriormente o mosteiro foi herdado pola Casa de Traba. En xaneiro de 1142, dous dos membros máis destacados desta liñaxe, Fernando e o seu irmán Bermudo Pérez de Traba, entregaron o mosteiro aos monxes cistercienses.