O compás musical pode definirse como a división rítmica de fragmentos de igual duración que se leva a cabo nunha obra. É a división do tempo en partes iguais. Tamén se define como a unidade de tempo que serve para medir a duración das notas e dos silencios. Cada unha das divisións realizadas constitúe un compás.
Os compases serven para estruturar a música, e determina en boa medida o seu carácter e estilo. A elección do compás inflúe no carácter da peza, así o compás ternario evoca fluidez, mentres que o cuaternario aporta estabilidade. Existen diversos tipos de compás, clasificados segundo o número de pulsos ou tempos que contén. Na danza, o compás determina o ritmo dos pasos. Por exemplo, a polca, en compás binario, ten un ritmo rápido e animado (uns 52 compases por minuto, segundo o tratado de Cellarius de 1847.[1]
A relación entre ritmo e compás é central na música. Ambos conceptos, aínda que moi relacionados, teñen definicións distintas:
A interacción entre o ritmo e o compás é esencial na percepción e interpretación da música. Mentres o ritmo describe patróns temporais específicos, o compás ofrece unha estrutura repetitiva para a presentación destes patróns.[3]