Cole David Aldrich, nado o 31 de outubro de 1988 en Burnsville, Minnesota, Minnesota, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Completou o seu ano júnior na Universidade de Kansas en marzo de 2010. Foi seleccionado na 11ª posición do draft da NBA de 2010 polos New Orleans Hornets.
NBA
O 29 de marzo de 2010, Aldrich anunciou que ía entrar no draft da NBA de 2010, e saltarse o ano final de universidade. Foi a 11ª elección no draft, elixido polos New Orleans Hornets, que traspasaron os seus dereitos a noite do draft aos Oklahoma City Thunder. O 6 de agosto de 2010, Aldrich asinou un contrato cos Thunder por 2 anos, con opción a dous anos máis.[1]
O 24 de novembro de 2010, os Thunder enviaron a Aldrich aos Tulsa 66ers da NBA D-League.[2] Foi chamado de volta o 6 de decembro,[3] pero foi outra vez a Tulsa o 30 de decembro de 2010.[4] Foi chamado de volta outra vez o 2 de febreiro de 2011, e asignado aos 66ers por terceira vez o 30 de marzo de 2011.[5]
O 27 de outubro de 2012, Aldrich foi traspasado ós Houston Rockets xunto a James Harden, Daequan Cook e Lazar Hayward a cambio de Kevin Martin, Jeremy Lamb e varias futuras eleccións do Draft.[6]
O 20 de febreiro de 2013, Aldrich foi traspasado ós Sacramento Kings xunto a Patrick Patterson e Toney Douglas a cambio de Thomas Robinson, Francisco García e Tyler Honeycutt.[7]
O 24 de setembro de 2013, asinou cos New York Knicks.[8]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|