Propiedades
|
Xerais
|
Nome |
Cloruro de Magnesio
|
Outros nomes
|
Cloruro magnésico Dicloruro de magnesio
|
Fórmula química |
MgCl2
|
Aparencia |
Sólido incoloro ou branco.
|
Físicas
|
Masa molar
|
95,22 g/mol, anhidro 203,31 hexahidratado
|
Punto de fusión
|
987 K (714 °C)
|
Punto de ebulición
|
>1685 K (>1412 °C)
|
Densidade
|
2,32 ×103 kg/m3 (2,32 g/cm3), anhidro 1,56 ×103 kg/m3 (1,56 g/cm3), hexahidratado
|
Cristalización
|
Octaédrica, estrutura CdCl2
|
Solubilidade
|
54,2 g/100 mL de auga (a 20 °C) 7,4 g/100 mL de etanol (a 30 °C)
|
Compostos relacionados
|
MgF2, <MgBr2, MgI2; LiCl, NaCl, KCl, RbCl, CsCl, CaCl2
|
Seguridade
|
Inxestión |
Produce irritación.
|
Inhalación |
Causa irritación.
|
Pel |
Pode causar irritación.
|
Ollos |
Causa irritación.
|
Número CAS
|
[7786-30-3], anhidro [7791-18-6], hexahidratado
|
As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa.
|
O cloruro de magnesio componse de magnesio e cloro e é un composto iónico haloide típico. É un ácido de Lewis débil; o hexahidrato cando se quenta pode experimentar unha hidrólise parcial. O cloruro de magnesio pode extraerse de salmoiras ou da auga do mar, e é unha fonte do metal magnesio, que se pode obter por electrólise do MgCl2 .
Características químicas
O cloruro de magnesio pode servir como unha fonte dos compostos de magnesio, por exemplo podemos obter hidróxido de magnesio, por precipitación, a partir do cloruro de magnesio:
MgCl2 (aq) + Ca(OH) 2 (aq) → Mg (OH) 2 (s) + CaCl2 (aq)
O cloruro de magnesio fundido pode ser sometido a electrólisis para dar magnesio metal:
MgCl2 (l) → Mg(l) + Cl2 (g)
Ambas as dúas reaccións utilízanse no proceso de Dow para a produción de magnesio metálico. O MgCl2 hidratado a diferenza do cloruro de aluminio, pode deshidratarse sen hidrólise (baixo certas condicións). Isto permite que MgCl2 anhidro sexa empregado como fonte barata do metal vía electrólise.
O cloruro de magnesio pode actuar tamén como ácido de Lewis débil, e os sales que conteñen o MgCl42- son coñecidas aínda que son raras.
Preparación
No proceso de Dow, o cloruro de magnesio rexenérase a partir do hidróxido del magnesio por tratamento con ácido clorhídrio:
Mg (OH) 2 (s) + 2 HCl (aq) → MgCl2 (aq) + 2 H2O (l)
Tamén pode ser preparado a partir do carbonato de magnesio por unha reacción similar.
Aplicacións
O cloruro de magnesio utilízase para unha gran variedade de usos, ademais da fabricación do magnesio vía proceso de Dow xa comentado arriba.
Utilízase na fabricación de produtos téxtiles, papel, axentes ignífugos, cemento e refrixeración.
Uso culinario
O cloruro de magnesio é un coagulante importante usado na preparación de queixo de soia a partir do leite de soia. No Xapón vendese como nigari ( termo que se deriva da palabra xaponesa “amargo”), un po branco producido a partir da auga do mar despois de quitar o cloruro de sodio e ter evaporado a auga. O Nigari consiste sobre todo en cloruro de magnesio, con algo de sulfato de magnesio e outras substancias, en menores cantidades (oligoelementos).
Uso como anticonxelante
Nalgunhas zonas diminuíu o emprego do sal común para evitar a formación de xeo e aumentou o uso de cloruro de magnesio líquido como un anticonxelante. O cloruro de magnesio líquido pulverízase sobre o pavimento seco (pista de engalaxe) antes de que neve, ou sobre o pavimento mollado antes de que se acaden temperaturas de conxelación nos meses de inverno, para evitar que a neve e o xeo se peguen ás pistas. O emprego de anticonxelantes supón unha mellora da seguridade.
Con respecto ó emprego do cloruro del magnesio como anticonxelante preséntanse dous tipos de problemas por efectos electrolíticos: contaminación dos illadores, o que ocasiona que se formen arcos eléctricos a través deles e, corrosión do aceiro e do aluminio o que afecta a postes e a outras infraestruturas.
Almacenamento de hidróxeno
O cloruro de magnesio ten demostrado un uso prometedor como material de almacenamento para o hidróxeno. O Amoníaco, que é rico en átomos de hidróxeno, emprégase como material intermedio de almacenamento. O amoníaco pode absorberse con eficacia sobre o cloruro de magnesio sólido, formando o magnesio (NH3) 6Cl2. O amoníaco é desprazado despois por calor suave, e a continuación pásase por un catalizador que o descompón producindo hidróxeno (gas).
Precaucións
É un irritante polo que deben empregarse luvas e lentes de protección.