Clara Sereni, nada en Roma en 1946, é unha escritora e tradutora italiana.
Traxectoria
Viviu na súa cidade natal ata que en 1991 decide trasladar a súa residencia a Perugia, onde desenvolveu tamén unha carreira política como vicealcaldesa (1995-1997). En 1998, en gran parte debido á enfermidade mental de seu fillo, promoveu a Fondazione Città del sole – Onlus que loita a favor dos enfermos psíquicos e mentais graves.
Traduciu obras de Balzac, Stendhal e Madame de La Fayette.
Obras
- Sigma epsilon, Marsilio, 1974 (novela)
- Casalinghitudine, Einaudi, 1987 (novela)
- Manicomio Primavera, Giunti, 1989 (relatos)
- l gioco dei regni, Giunti, 1993
- Eppure Feltrinelli, 1995
- Taccuino di un’ultimista, Feltrinelli, 1998
- Da un grigio all’altro, Di Renzo, 1998
- Passami il sale, Rizzoli, 2002
- Le Merendanze, Rizzoli, 2004
- Il lupo mercante, Rizzoli, 2007