Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Cinto de lume do Pacífico

Cinto de lume.

Chámase cinto de lume do Pacífico, cinto de fogo do Pacífico, ou cinto circumpacífico a unha zona do planeta caracterizada por concentrar algunhas das zonas de subdución máis importantes do mundo, o que ocasiona unha intensa actividade sísmica e volcánica.

Atópase nas beiras do océano Pacífico e inclúe países como Chile, o Perú, Ecuador, Colombia, Centroamérica (Panamá, Costa Rica, Nicaragua, Honduras, O Salvador e Guatemala) México, os Estados Unidos, Canadá, logo dobra á altura das Illas Aleutianas e baixa polas costas e illas de Rusia, China, Xapón, Taiwán, Filipinas, Indonesia, Australia e Nova Zelandia.

O leito do océano Pacífico fica sobre varias placas tectónicas, as cales están en permanente fricción e acumulan tensión. Cando esa tensión céibase, orixina tremores nos países do cinto. Ademais, a zona concentra actividade volcánica constante. Nesta zona as placas da codia terrestre afúndense a gran velocidade (varios centímetros por ano) e á vez acumulan enormes tensións que deben ceibarse en forma de sismos.

Véxase tamén

Outros artigos

Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya