A Grande Milano .
A Cidade metropolitana de Milán (en italiano : Città metropolitana di Milano ) é un ente local italiano pertencente á Lombardía , no norte do país. A súa capital é a cidade de Milán .
Desde o 1 de xaneiro de 2015 substituíu a provincia de Milán .[ 1]
Xeografía
O seu territorio, que ocupa 1575,65 km², encóntrase na parte da chaira padana comprendida entre os ríos Tesino e Adda . Limita ao norte coas provincias de Varese , Monza e Brianza ; ao leste coa provincia de Bérgamo ; ao sueste coas provincias de Cremona e Lodi ; ao suroeste coa provincia de Pavia e ao oeste coa provincia de Novara , situada na rexión de Piemonte .
Demografía
En 2014 contaba cunha poboación de 3 196 825 habitantes,[ 2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 2 028,89 hab/km².
A cidade metropolitana comprende 134 municipios :[ 3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas