Ciclón Klaus (2009)

Klaus

Klaus ás 03:28 do 24 de xaneiro sobre o Golfo de Biscaia
Datos
Vento máximo: 216 km/h
Presión mínima: 964 hPa (estimada)
Efectos
Mortes: 26[1]
Danos materiais:

A borrasca Klaus foi un ciclón de latitude media que afectou os días 23, 24 e 25 de xaneiro de 2009 a costa occidental de Europa e especialmente o norte da Península Ibérica.

Formación e percorrido

O Klaus orixinouse por cicloxénese explosiva, ao bateren unha masa de aire quente tropical con outra moi fría no Atlántico na tarde do 22 de xaneiro. Xerouse así unha borrasca profunda con ventos moi intensos que cruzou o norte da Península ao longo da madrugada do sábado 24 de xaneiro. Ocasionou varios mortos e importantes danos materiais. O centro da depresión desprazouse de oeste a leste dende os Azores, até o golfo de Xénova, atravesando polo mar Cantábrico. Xerou fortes ventos de máis de 150 km/h, que puntualmente chegaron ata os 198 km/h en Estaca de Bares[2].

Nome

Evolución do ciclón.

O Instituto de Meteoroloxía alemán deulle este nome na honra de Klaus Schümann[3], e non ten que ver con distintos nomes de ciclón Klaus que se deron a furacáns tropicais antes de 1990.

Danos

A treboada afectou grandemente a zona setentrional de España e o sur de Francia e causou diversos mortos. En Galicia afectou 72 concellos[4], faleceron cinco persoas: en Burela morreu un garda civil que estaba dirixindo o tráfico ao caerlle unha árbore enriba;[5] un mariñeiro portugués foi rescatado dun barco que afundiu nas costas coruñesas e faleceu posteriormente no hospital[6]; un ancián pereceu no incendio da súa casa, provocado por un curtocircuíto[7]; e un matrimonio de anciáns faleceu en Cervo por inhalación de monóxido de carbono, como consecuencia de usaren un braseiro vello para quecer logo de estaren máis de dous días sen enerxía eléctrica[8].

No resto de Europa producíronse 21 mortes máis.

Refachos máximas de vento
Racha Localización

216 km/h Coll d'Envalira
200 km/h Portbou
198 km/h Cerezo de Arriba
198 km/h Estaca de Bares
193 km/h Formigueres
193 km/h Matxitxako
184 km/h Perpiñán
183 km/h Malpica
183 km/h Ocón
182 km/h Ancares
182 km/2 Xares
178 km/h Santa María de Oia
177 km/h Saint-Paul-de-Fenouillet
172 km/h Biscarrosse
172 km/h Cabo Ferret

Fontes: AEMET Meteo France Arquivado 08 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
Meteo Galicia MeteoCat Arquivado 20 de novembro de 2023 en Wayback Machine.
Meteoroloxía do Goberno da Rioxa

Imaxes da tormenta

Notas

Véxase tamén

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!