Charlie Patiño

Modelo:BiografíaCharlie Patiño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Watford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
2010–2011 St Albans City F.C.
2011–2015 Luton Town Football Club
2015–2021 Arsenal F.C.
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2021–2024 Arsenal F.C. 2(1)
2022–2023 cesión Blackpool F.C. 37(3)
2023–2024 cesión Swansea City A.F.C. 35(4)
2024–   Deportivo da Coruña 0(0)

Charlie Michael Patino, tamén coñecido como Charlie Patiño,[1] nado en Watford o 17 de outubro de 2003, é un futbolista inglés que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

Nado en Watford, comezou a xogar ao fútbol no St. Albans City, pasando aos sete anos ao Luton Town.[2][3] Atraeu a atención dos medios de comunicación xa con 11 anos, cando despois de recibir ofertas dos principais clubs ingleses, foi trapasado por 10.000 libras ao Arsenal.[4][5] Subiu rapidamente polas diferentes categorías inferiores do club, e con só 14 anos xa destacaba no equipo sub-18.[6]

En outubro de 2020 asinou o seu primeiro contrato profesional co Arsenal.[7] Ese mesmo mes, foi incluído na lista "Next Generation" 2020 de The Guardian, como un dos mellores xogadores novos dos equipos da Premier League.[8]

O 21 de decembro de 2021 debutou co primeiro equipo do Arsenal na vitoria por 5-1 contra o Sunderland na EFL Cup, marcando o quinto gol dos Gunners no tempo de desconto, pouco despois de entrar como substituto de Emile Smith Rowe.[9]

Para a tempada 2022/23 saíu cedido ao Blackpool, club do Championship, segunda categoría do fútbol inglés.[10] Debutou co equipo o 6 de agosto, nun encontro ante o Stoke City, substituíndo a Lewis Fiorini na segunda metade.[11] Disputou un total de 37 partidos, nos que marcou 3 goles, incluído un no derbi de West Lancashire contra o Preston North End en Bloomfield Road.[12]

Na campaña 2023/24 volveu saír cedido á Championship, desta vez ao Swansea City. Co equipo galés disputou un total de 35 encontros, ás ordes de Michael Duff primeiro e Luke Williams despois, anotando catro goles.

En agosto de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña.[13]

Selección inglesa

Foi internacional coa selección inglesa nas categorías sub-15, sub-16, sub-17 e sub-19. Elixible por España pola súa ascendencia paterna, a Real Federación Española ofreceulle xogar na selección española.[3][14][15]

Vida persoal

Seu pai, Julio Patiño, é fillo de dous emigrantes galegos que se instalaron en Inglaterra na década de 1960. Súa avoa paterna é natural do lugar cambrés de Lema, mentres que seu avó naceu na praza de España da Coruña.[16]

Durante a súa infancia visitaba asiduamente Galicia xunto coa súa familia, e acudía a Riazor con seu pai, afeccionado do Deportivo da Coruña, especialmente durante a disputa do Trofeo Teresa Herrera.[16]

Notas

  1. "O galego Charlie Patiño ameaza con revolucionar a mellor liga do mundo". NosDiario. 22 de decembro de 2021. 
  2. Small, Aidan (17 de xuño de 2021). "Young Gun: Charlie Patino" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Who is Charlie Patino? The Arsenal wonderkid who looks ready for role under Mikel Arteta after making senior debut and bagging first goal for Gunners against Sunderland in Carabao Cup" (en inglés). 22 de decembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  4. "Arsenal win the race to sign 11-year-old wonderkid Charlie Patino". The Guardian (en inglés). 15 de maio de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  5. "Charlie Patino: Arsenal's teenage wonderkid scores on debut". BBC (en inglés). 21 de decembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  6. "Chelsea sub-18 2-2 Arsenal sub-18". arsenal.com (en inglés). 9 de maio de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  7. Simmonds, Mike (22 de outubro de 2020). "Ex-Hatters youngster Charlie Patino signs a first pro deal with Arsenal" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  8. "Next Generation 2020: 20 of the best talents at Premier League clubs". The Guardian (en inglés). 7 de outubro de 2020. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  9. "Charlie Patiño debuta y marca en el pase del Arsenal a semifinales de la Carabao". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de decembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  10. "Arsenal, Charlie Patino cedido al Blackpool" (en castelán). 4 de agosto de 2022. Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  11. "Stoke City earned their first three points of the season with Harry Clarke and Jacob Brown giving them a deserved Championship victory over Blackpool.". BBC (en inglés). 6 de agosto de 2022. Consultado o 4 de novembro de 2023. 
  12. "Two goals from top scorer Jerry Yates and a lovely strike from Charlie Patino helped Blackpool edge Preston in a pulsating west Lancashire derby at Bloomfield Road.". BBC (en inglés). 22 de outubro de 2022. Consultado o 4 de novembro de 2023. 
  13. "O Dépor asina ao centrocampista Charlie Patiño até 2028". 26 de agosto de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024. 
  14. "Spain to battle England for Arsenal youngster Charlie Patino’s international future" (en inglés). 22 de setembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  15. "England & Spain battle for international allegiance of Arsenal's Charlie Patino" (en inglés). 21 de setembro de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2021. 
  16. 16,0 16,1 Miranda, Carlos (12 de novembro de 2020). "Charlie Patiño, sangre coruñesa a las puertas de la Premier League". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!