Chablis, Yonne

Modelo:Xeografía políticaChablis, Yonne
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°48′54″N 3°47′49″L / 47.815, 3.7969
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsBorgoña-Franco Condado
DepartamentoYonne Editar o valor en Wikidata
Capital de
Q88078993 Traducir (–2015)
canton of Chablis (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.151 (2022) Editar o valor en Wikidata (55,4 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921326 Traducir
Q114361097 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie38,83 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porSerein (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude140 m-126 m-311 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Fyé (en) Traducir, Milly (en) Traducir e Q88866959 Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal89800 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Oberwesel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webville-chablis.fr Editar o valor en Wikidata

Chablis é un concello francés, pertencente ao departamento do Yonne e á rexión de Borgoña.

Xeografía

Ten unha superficie de 38,92 km², con 2.569 habitantes, segundo o censo de 1999. Está a 18 km ao leste de Auxerre, na súa área de influencia.

Historia e cultura

A pesar da existencia de sitios arqueolóxicos na contorna, os primeiros escritos que citan a Chablis son do ano 867 cando o rei Carlos II de Francia lle doou estas terras aos monxes da abadía de San Xermán de Auxerre. Xa na Idade Media esta era zona de viño, que se exportaba a Inglaterra e Flandres con grande renome.

A cidade desenvólvese sobre dúas metades: a primeira, ao redor da igrexa de San Pedro, e a segunda ao redor da colexiata de San Martiño. Durante a Guerra dos Cen Anos prodúcese unha reforma das murallas da cidade, que chegan a contar con 29 torres.

En 1478 a vila recibe o privilexio real de acoller a quinta imprenta de Francia. En 1568 sofre un grande incendio que devasta a parte alta da vila, provocado polos hugonotes, e no século XIX padece un novo ataque, neste caso de filoxera, que golpea nos cultivos de viño, que non se recupera a pleno rendemento ata mediados do XX. O 15 de xuño de 1940 a vila padece un forte bombardeo que destrúe parte do seu centro histórico.

Todos os anos ten lugar no mes de maio nesta aldea un festival de música, o Festival du Chablisien[1], con concertos de distintos xéneros. Entre os edificios que se deben destacar está a colexiata de San Martiño, a igrexa de San Pedro e unha sinagoga que está considerada monumento histórico polo estado francés.

Cidades irmás

Chablis está irmandada coa vila alemá de Oberwesel.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web oficial do concello

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!