O videoxogo de EA Sports' NHL 09 incluíu o 'Centennial Montréal Canadiens', un equipo especial dos mellores xogadores da historia da franquía.[7]
A noite da estrea, a organización dos Canadiens deu a coñecer o Ring of Honour no Centre Bell, que consiste nunha exposición de todas as personalidades dos Montreal Canadiens que formaban parte daquela do Hockey Hall of Fame, e que está situada nas paredes traseiras da cuberta superior do pavillón.[8]
O 4 de decembro de 2009, os Montreal Canadiens xogaron un "centennial game" no seu 100 aniversario da súa introdución como club de hóckey profesional. Xogaron contra os Boston Bruins e gañaron por un marcador de 5-1. Michael Cammalleri anotou o seu segundo hat-trick da tempada esa noite para os Canadiens.