Celestino López de Castro, nado en Pontevedra en 1860 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1934, foi un médico galego.
Traxectoria
Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1886.[1] Médico en Pontevedra, foi concelleiro. Fundou o Sanatorio Santa Teresa, primeiro sanatorio médico cirúrxico de Galicia, foi director do Hospital Provincial de Pontevedra, médico titular e forense do concello.[2] e inspector provincial de sanidade. Colaborou en La Revista Popular e foi propietario do periódico Faro de Pontevedra (1911-1914). En 1911 presentouse como independente ás eleccións a deputado provincial por Pontevedra fronte ao candidato do Partido Liberal Manuel Ferreirós Batallán, que foi quen resultou elixido.[3] Finou en Pontevedra o 30 de novembro de 1934.[4]
Obras
- El servicio médico en los Caminos de Hierro. Breve reseña de los mejores medios para su organización, 1897.
- Peste bubónica. Influencia social y lucha por combatirla, 1915
Recoñecementos
- Cruz de Beneficencia de primeira clase en 1919 polos seus servizos durante a epidemia de gripe de 1918.
- A Sociedad Recreo de Artesanos promoveu a adquisición por subscrición popular dunha lápida para colocar na súa tumba no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra, obra do escultor José María Acuña.[5]
Vida persoal
Casou en Pontevedra con Florinda García Temes, filla de Valentín García Escudero, en xaneiro de 1890.[6]
Notas
- ↑ Crónica de Pontevedra, 23-6-1886, p. 3.
- ↑ El País, 1-12-1934, p. 1.
- ↑ La Correspondencia Gallega, 13-3-1911, p. 2.
- ↑ El País, 30-11-1934, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-7-1935, p. 11.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 20-1-1890.
Véxase tamén
Ligazóns externas