O castro dos Penedos, tamén coñecido como castro de Belesar, é un castro situado na parroquia de Belesar,[1][2] no concello lucense de Vilalba.
Accédese a el logo de chegar á ponte de Meire e dende alí xa se ve unha forte pendente, que corresponde cunha parte do castro. Tamén recibe o nome de castro de Santa Catarina por unha capela en adoración á santa que se construíu sobre el e da que só se conserva un muro.[3]
Descrición
É o segundo de maior extensión de todo o concello, logo do castro de Goiriz.[4] Atópase sobre un couto, conta con dobre muro defensivo e un terreo bastante irregular.
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Lenda
Existe unha historia de mouros no castro e un tesouro enterrado nun baúl.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía