Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Castro do Porto de Baixo

Castro do Porto de Baixo

Tipoxacemento arqueolóxico e castro Editar o valor en Wikidata
ConservaciónParcialmente destruído
Localización
Mapa
 42°32′25″N 9°02′02″O / 42.540331, -9.033867
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloRibeira
ParroquiaCarreira Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Datas
Ocupaciónséc. VI-II a.C.
Descuberta1978
EscavaciónSen escavar
Wikidata ]

O castro do Porto de Baixo é un poboado castrexo situado no lugar de Anquieiro na parroquia de Carreira, no concello de Ribeira. Está a carón dunha pequena cala na parte sur do Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.

Morfoloxía

O castro consta dunhas pequenas construcións totalmente soterradas, e rodeadas dunha muralla que as protexe aproveitándose da morfoloxía do terreo. Mide uns 90 x 40 m e ten forma ovalada. Pola súa cara oeste, o mar faille de defensa natural a este recinto. Segundo os expertos, este poboado posiblemente estivo habitado entre os séculos IV ou II antes da nosa era. En decembro do 2004 fixéronse nel unhas pequenas escavacións para sacar á luz a súa gran muralla defensiva.

Estado

Este castro foi descuberto por casualidade no ano 1978, cando se facían sobre el unhas tarefas ilegais de extracción de area. Poucos anos despois extraéronse pedras da súa muralla para ornamentar as paredes de vivendas particulares.

A mediados do ano 2004 o seu estado era lamentable, e podíase ver o cacho de muro descuberto totalmente desfeito. Ningunha administración local nin central puxo interese en sacar á luz este antigo poboado, que estaba a carón dun camiño de pés desfacéndose paseniñamente.

Galería de imaxes

Véxase tamén


Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya