O castelo de Encinas de Esgueva é unha fortificación situada no concello de Encinas de Esgueva (Provincia de Valladolid). Atópase na liña defensiva do río Esgueva, preto do encoro de Encinas de Esgueva, e tiña como misión protexer a entrada ao val do río.
Orixinalmente pertenceu ao Meiriñado do Cerrato. A súa construción comezou no século XIV, sendo señores do castelo Alfonso Díez e Gonzalo Gutiérrez. O escudo dos seus muros é o dos Aguilar. En 1850 estaba habitado e era propiedade do Marqués de Lorca.
Arredor de 1950, o seu propietario, Cándido Moyano, vendeuno ao Ministerio de Agricultura, cuxo Servizo Nacional do Trigo empregouno coma celeiro de cereais ata a década de 1970. En 1994 foi cedido ao Concello de Encinas de Esgueva. Na actualidade encóntrase totalmente restaurado e baleiro no seu interior.