Carolina Rubirosa

Modelo:BiografíaCarolina Rubirosa
Biografía
NacementoO Grove, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositora de cancións Editar o valor en Wikidata

Facebook: CarolinaRubirosa Instagram: carolinarubirosa BNE: XX4873940 Editar o valor en Wikidata

Carolina Rubirosa Rodríguez, nada no Grove na década de 1980, é unha cantante e compositora galega.[1]

Traxectoria

Estudou para psicóloga e compaxina o traballo de auxiliar de clínica coa música. Compón en galego, castelán e inglés, os seus referentes son Carole King, Karen Carpenter ou Joni Mitchell,[2] ademais de declararse amante férrea dos Beatles.[3]

Colaborou en proxectos discográficos de diferentes artistas e como cantante solista en varias gravacións, tamén poñendo a voz en bandas sonoras de proxectos cinematográficos. En 2016 empezou como vocalista do grupo The Funkles e desde 2017 tamén ten traballos en solitario. Ten compartido escenario con Coque MallaMiguel Ríos, Javier Gurruchaga, Andrés Calamaro, Loquillo, Jorge Drexler...[4]

Xa ten actuado en Rusia, Finlandia, Alemaña, Inglaterra, Dinamarca ou Portugal e en España: Almería, Valladolid, Madrid, Asturias, Granada… Na Galiza no Son do Camiño, Festival da Luz, Noroeste Pop Rock, Festival de Cine de Cans, Ourense ICC Week, TedEX Santiago, Landro de Viveiro etc.[5]

En 2010 gravou a canción Isolation con Julia Baird, irmá de John Lennon. O tema foi producido e gravado por Paco Serén, de Los Piratas, e incluído no triplo CD con carácter benéfico “50 aniversario homenaje The Beatles.[6]

Formou un dúo co mestre guitarrista de jazz Rafa Otero e cantan en español, inglés, francés, portugués, galego e italiano.[7]

En 2022 quedou a un voto de gañar o Liet International Festival (eurovisión das linguas minorizadas).[8] Fíxoo coa canción O teu camiñar!, "cuxo videoclip foi a peza promocional Oficial do Camiño de Santiago Inglés e está protagonizado por Julia Baird.[9]

Carolina Rubirosa foi seleccionada en 2023 para o Laboratorio de Creación Musical de Fundación SGAE Galicia.[10]

Discos

  • Voltando ó fogar (2020).
  • Soldadeiras (2022).[11] É unha ponte temporal entre a lírica medieval galego-portuguesa e hoxe, con sete cantigas medievais musicadas, producidas e interpretadas por Carolina Rubirosa.[12]
  • Alén do mar (2022). É unha conexión transatlántica entre poetas unidos a través da música. O indo-americano Indran Amirthanayagam, o brasileiro Salgado Maranhão, a francesa Katia-Sofía Hakim e as galegas Eva Veiga e Yolanda Castaño.
  • Tierra de nadie[13] (2020-2024). Con convidados como Lou Marini, histórico saxofonista de Aretha Franklin ou Frank Zappa ou a erhuísta Na Wang dende Pequín.

Premios

  • 2019: Revolution Unplugged.
  • 2019: Sonidos Mans 19.[6]
  • 2021: recibiu un premio no Art&Tur International Film Festival de Portugal.[14]
  • 2022: Premio Meca 2022 no Grove.
  • 2022: Premio I Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia .
  • 2023: Premio do público aomellor videoclip no Festival de Cans, por Contra la pared.
  • 2024: V Premio Luísa Villalta (compartido con Gema Pardo co proxecto divulgativo "En clave de muller").[15]

Notas

  1. "Sonoro empeño. Carolina Rubirosa y Rafael Otero. Santiago de Compostela - Afundación". www.afundacion.org (en castelán). Consultado o 2024-08-14. 
  2. "Carolina Rubirosa: «Soy auxiliar de clínica y cantante el fin de semana»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-05-05. Consultado o 2024-08-14. 
  3. Cava, Joel (2022-02-15). "Carolina Rubirosa, sobre Liet International: "Prometo dar guerra y dejarme la piel en traer el título a Galicia"". Enfoques (en castelán). Consultado o 2024-08-14. 
  4. "Evento: Carolina Rubirosa Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2024-08-14. 
  5. "Carolina Rubirosa - Descúbreas". 2021-02-02. Consultado o 2024-08-14. 
  6. 6,0 6,1 Magazine, Martin Cid (2021-01-20). "Carolina Rubirosa". Martin Cid Magazine (en castelán). Consultado o 2024-08-14. 
  7. "Carolina Rubirosa Dúo". Musiqua (en castelán). Consultado o 2024-08-14. 
  8. "Carolina Rubirosa: «Tras el éxito en Liet voy a plantearme en serio presentarme a Eurovisión»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-05-23. Consultado o 2024-08-14. 
  9. López, Belén (2022-02-10). "Carolina Rubirosa representará a Galicia na Eurovisión das linguas minorizadas". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-08-14. 
  10. Suárez, David (2024-06-19). "De Vacas, Carlos Ares o Abraham Boba actúan gratis este viernes en el Festival Acento en Santiago". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-08-14. 
  11. "Carolina Rubirosa web". carolinarubirosa.my.canva.site. 
  12. Music, Carolina Rubirosa. "Soldadeiras". Carolina Rubirosa Music. Consultado o 2024-08-14. 
  13. "Carolina Rubirosa presenta "Tierra de Nadie"". Rock City Magazine (en castelán). Consultado o 2024-08-14. 
  14. López, Belén (2022-01-17). "Carolina Rubirosa: "As emocións son as que guían a un artista"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-08-14. 
  15. "Premio "Luísa Villalta" a proxectos pola igualdade". tradutor.dacoruna.gal. Consultado o 2024-08-14. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!