Carmen Moriyón Entrialgo, nada en Xixón o 25 de outubro de 1966, é unha médica e política asturiana. Encabezou a lista de Foro Asturias á alcaldía de Xixón nas eleccións municipais de España de 2011, obtendo 9 concelleiros,[1] converténdose na primeira alcaldesa non socialista de Xixón desde as eleccións de 1979 grazas ao apoio do Partido Popular na súa investidura.[2]
Biografía
Carmen Moriyón é filla de Maximino Moriyón Álvarez e de Margarita Entrialgo Álvarez, e viúva de José Ramón Rodríguez-Galindo González.[3]
Estudou no Colexio do Santo Ángel de la Guarda e no Colexio da Inmaculada (promoción de 1984), e é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Oviedo (promoción de 1990) e especialista en Mastoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid (2001).[4] Era responsable da unidade de cancro de mama no Hospital de Cabueñes até a súa elección como alcaldesa.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas