Carlos Luís de Borbón

Modelo:BiografíaCarlos Luís de Borbón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Carlos Luis de Borbón y Braganza Editar o valor en Wikidata
31 de xaneiro de 1818 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1861 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Trieste, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Trieste (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde
Pretendente carlista ao trono de España Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria Carolina de Bourbon-Duas Sicílias (1850–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos María Isidro de Borbón Editar o valor en Wikidata  e María Francisca de Braganza Editar o valor en Wikidata
IrmánsXoán, conde de Montizón
Fernando de Bourbon e Bragança Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMeyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX837065 WikiTree: Bourbon-257


Carlos Luís de Borbón, nado en 1818 e finado en 1861, fillo de Carlos María Isidro de Borbón e María Francisca de Braganza foi pretendente carlista ao trono de España co nome de Carlos VI, coñecido tamén como conde de Montemolín.[1]

Traxectoria

Naceu en Madrid e pasou a adolescencia e mocidade no exilio en Portugal e Gran Bretaña. Durante a Primeira Guerra Carlista estivo na fronte do norte acompañando ao seu pai, e tras a fin da guerra estableceuse en Francia co seu pai. Pretendente carlista tras a abdicación do seu pai o 18 de maio de 1845, que pretendía con esta medida facilitar un posible matrimonio entre Carlos Luís e Isabel, que non se produciu e Isabel casou en 1846 con Francisco de Asís e a fins de 1846 Carlos Luís publicou un manifesto onde chamaba á loita armada, fuxiu de Francia para establecerse en Londres e pouco despois comezou a Segunda Guerra Carlista ou guerra dos Matiners. En abril tentou entrar en España pero foi detido na fronteira francesa e regresou a Londres.[1]

En 1850 casou con María Carolina de Borbón e estableceuse en Nápoles. En 1855 mantivo contactos con Francisco de Asís para chegar a unha reconciliación das dúas dinastías borbónicas, pero fracasou e en maio produciuse unha nova insurrección carlista en España, que non tivo transcendencia.

En marzo de 1860 dirixiuse a Baleares para tentar outra insurrección dende Baleares co apoio do capitán xeneral das Baleares, Jaime Ortega, o 1 de abril eles dous á fronte de 4.000 homes, que descoñecían as súas intencións, dirixíronse cara Sant Carles de la Rápita, tras desembarcar dirixíronse a Amposta para pasar a noite, pero a tropa sublevouse ao sospeitar das intencións dos mandos e o pretendente cos líderes da insurrección fuxiron. O 21 de abril o exército detívoo xunto ao seu irmán Fernando e levounos a Tortosa, o 23 de abril abdicou dos seus dereitos ao trono ao igual que o seu irmán. Liberados polo goberno español dirixíronse a Trieste e o 15 de xuño declaraban nulas as abdicacións realizadas mentres estaban detidos, pero o outro irmán, Xoán, considerou válidas as abdicacións e asumiu os dereitos ao trono que ata entón lle correspondían a Carlos Luís, a morte deste en xaneiro de 1861, pouco despois que a de Fernando, deixou a Xoán como o herdeiro da dinastía carlista co nome de Xoán III.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Carlos Luis de Borbón". Biografías y Vidas (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2017. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!