Carlos Justo Velo

Modelo:BiografíaCarlos Justo Velo
Biografía
Nacementoc. 1911 Editar o valor en Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (24/25 anos)
A Cañiza, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, enfermeiro Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7639

Carlos Justo Velo, nado en Ribadavia cara a 1911 e finado na Cañiza o 6 de setembro de 1936, foi un practicante[a] e político galego.

Traxectoria

Sobriño do médico José Velo Castro e curmán de Carlos Velo. Fixo os estudos de practicante en Santiago de Compostela, rematando en 1933.[1] Foi practicante de Castrelo de Miño. Demandou ao Concello de Castrelo de Miño con Emilio Bande en 1934 por práctica de procedemento de apremio.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado no Alto do Mesón de Oroso (A Cañiza).

Notas

  1. Sanitario que pon inxeccións, realiza pequenas curas etc.
  1. El Eco de Santiago, 29-6-1933, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 4-4-1937, p. 11.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!