Cando Harry atopou a Sally (en inglés: When Harry Met Sally...) é un filme estadounidense de 1989 dirixido por Rob Reiner e escrito por Nora Ephron. Está protagonizado por Billy Crystal no papel de Harry e Meg Ryan como Sally. Conta a historia das dúas personaxes do título dende o primeiro momento que se encontran antes de compartir unha viaxe ó longo do país e durante doce anos de encontros fortuítos na cidade de Nova York. O filme lanza a pregunta "Poden os homes e as mulleres ser só amigos?" e avanza moitas ideas sobre as relacións que se converteron en conceptos domésticos, como a "alta dependencia"[1] e as "persoas de transición".[2]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas