Campos de xeo[Cómpre referencia] (tamén casquete de xeo ou casquete glacial[1]) é o nome que reciben diversas masas de xeoscontinentais. Os campos de xeo son extensas áreas mesetosas rochosas cubertas por un manto de xeo, as súas marxes forman ventisqueiros que desembocan, a través de fiordes e canles, ao mar ou algún lago. Os campos de xeo sitúanse principalmente nas zonas polares e patagónicas e cobren diversos accidentes xeográficos, como lagos ou enormes cadeas montañosas.
Os xeógrafos falan de campos de xeo cando a extensión cuberta por xeos e neves supera ou rolda os 50.000 km² e de inlandsis (ou xeo continental propiamente dito), cando as cubertas glaciares superan o millón de quilómetros cadrados (na actualidade existen dous inlandsis, o antártico e o groenlandés).
Segundo estudos xeolóxicos e glaciolóxicos, os campos de xeo serían restos de áreas englaciadas de moito maior tamaño formadas durante a última glaciación. Estes campos de xeo son as principais reservas de auga potable do mundo, polo que teñen un gran valor estratéxico. Na actualidade, a superficie ocupada polo xeo de xeito permanente acada os 15 millóns de km², un 10% da superficie da Terra.[2][3]