Bîranînen li ser kevirî é un filme iraquí-alemán de 2014 rodado en lingua kurda e dirixido por Shawkat Amin Korki.[1][2] Foi producido por mitosfilm e mitosfilm Iraq. O filme describe a loita de dous compañeiros de escola, Alan e Hussein, por facer un filme de posguerra sobre as atrocidades contra a poboación kurda iraquí na operación al-Anfal durante o réxime de Saddam Hussein.
Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3]
Elenco
Notas
Véxase tamén
Outros artigos