O Bury St Edmunds Roller Hockey Club é un equipo de hóckey a patíns da cidade de Bury St Edmunds, Suffolk (Inglaterra). Compite na máxima categoría do hóckey a patíns inglés, a Premier League, competición que gañou nunha ocasión na tempada 2004-05. O equipo xoga os seus partidos como local no Ross Peers Sports Centre.[1]