Built to Spill é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Boise, Idaho. O grupo leva publicados nove álbums de estudio ata a data, o máis recente deles, When the Wind Forgets Your Name, editado en setembro de 2022.
O seu fundador Doug Martsch orixinalmente concibiu a banda como un conxunto cambiante de músicos de apoio para cada álbum, pero finalmente estableceu unha formación estable durante unha década antes de volver ao seu plan orixinal en 2012.[1]
Despois de ter recibido constantes aclamacións da crítica ao longo da súa carreira, tres dos álbums da banda (There's Nothing Wrong with Love, Perfect from Now On e Keep It Like a Secret) entraron na lista dos mellores álbums dos 90 de Pitchfork.[2] Keep It Like a Secret foi o primeiro disco do grupo en entrar na lista Billboard 200 nos Estados Unidos, mentres que o seu lanzamenro de 2009 There Is No Enemy converteuse no álbum Built to Spill que acadou o mellor posto nas listas.
Discografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas