Bro Sant Malou (Pays de Saint-Malo en francés, Paeï de Saent-Malò en galó) é un dos bròiù (países) nos que se dividía a Bretaña histórica. Consta de 198 vilas nun territorio de 3.946 km² e unha poboación de 355.052 habitantes, segundo o censo de 2007. A capital é Sant-Maloù.