Breakfast at Tiffany's é un filme estadounidense dirixido por Blake Edwards que se estreou en 1961. Baséase na novela homónima de Truman Capote.
Holly Golightly é unha fermosa moza neoiorquina que, aparentemente, leva unha vida doada e leda. Ten un comportamento bastante extravagante, por exemplo, almorzando ollando o escaparate da luxosa xoiaría Tiffany's. Un día múdase ó seu mesmo edificio Paul Varjak, un escritor que mentres agarda un éxito que nunca chega, vive a costa dunha muller madura.