Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page
Available for Advertising

Brays Efe

Infotaula de personaBrays Efe

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , guionista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm5880529 Twitter: braysefe Instagram: braysefe BNE: XX5554574 Editar o valor en Wikidata

Brays Fernández Vidal, nado nas Palmas de Gran Canaria o 30 de setembro de 1988, é un actor galego máis coñecido como Brays Efe, que acadou sona polo seu papel na serie web Paquita Salas.

Traxectoria

Brays Efe nos Premios Goya 2018.

Naceu nas Palmas de Gran Canaria, aínda que se criou nunha granxa en Vilariño (Nigrán).[1] Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid e traballou como xornalista, axudante de casting e locutor de radio. Asemade, escribiu e dirixiu tres curtametraxes e dúas obras para microteatro.

Como actor, tivo o seu primeiro papel protagonista no filme Cómo sobrevivir a una despedida, dirixido por Manuela Burló Moreno, e onde compartiu cartel con Natalia de Molina, María Hervás, Úrsula Corberó e Celia de Molina.[2] Pouco despois acadou popularidade encarnando a Paquita Salas na serie web Paquita Salas, que lle valeu o premio Feroz ó mellor actor protagonista dunha serie en 2017.[3] Representou esa personaxe durante as tres tempadas da serie e tamén na gala dos Premios Goya 2018, onde realizou un monólogo.

Notas

  1. S.L., EDICIONES PLAZA,. "Entrevista a Paquita Salas: low cost, los años 90 de Almodóvar e ingenio". Cultur Plaza (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2017. 
  2. "La despedida de Moreno sobrevive en Málaga" (en castelán). 23 de abril de 2015. Consultado o 6 de outubro de 2022. 
  3. "Premios Feroz 2017: Listado completo de ganadores". 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya