A tribo foi definida en 1921 polo zoólogobritánicoJohn Edward Gray, na súa obra "On the natural arrangement of Vertebrose Animals" (publicada en London Medical Repository 15: 296–310).
O termo do latín científicoBovini adáptase aquí como bovininos para non confundilo co nome da subfamilia, bovinos (Bovinae), adaptando a desinencia empregada para formar os nomes das tribos, -íni, como -inini, igual que se fai noutros idiomas romances, como o portugués,[1] ou o castelán.[2]
As relacións máis próximas a esta tribo son coas tribos Boselaphini e Tragelaphini. O antepasado común de todas as especies dos Bovini parece ser que viviu hai uns 5 millóns de anos. Os primeiros clados que diverxeron foron os das especies dos búfalos (xéneros Bubalus e Syncerus). A continuación separáronse os clados das especies banteng e gauro e o touro doméstico. É posíbel que tamén existira un cuarto clado que comprendería aos bisontes e os iacs.[4]
Árbore filoxenética
Recentes estudos de filoxenia permitiron establecer a árbore filoxenética seguinte:[5][6]
Nótese que a posición do xénero Bison está en discusión.
Importancia económica
Os bovininos están presentes en todos os continentes. A súa poboación global ascende a 1,5 billóns cabezas (das que 1,4 billóns son vacúns e 150 millósnes cebús).
Empréganse para o traballo agrícola, aspecto importante aínda nos países subdesenvolvidos, para o aproveitamento do leite, que ademais de ser un fundamental alimento é unha fonte importante de graxa (manteiga), e da carne (excepto na India). Tamén se utiliza a súa pel (para a fabricación do coiro), os seus cornos, e a bosta, como fertilizante, ademais de utilizarse, seca, como combustíbel nalgúns países, e mesmo para a construción de vivendas (cabanas), como entre os masais de Kenya.
↑Maceachern S.; McEwan J. & Goddard M. (2009): "Phylogenetic reconstruction and the identification of ancient polymorphism in the Bovini tribe (Bovidae, Bovinae)", BMC Genomics10 (1): 177. Resumo
↑Alexandre Hassanin & Anne Ropiquet (2004): "Molecular phylogeny of the tribe Bovini (Bovidae, Bovinae) and the taxonomic status of the Kouprey, Bos sauveli Urbain 1937
↑Jonathan D. Margot (2007): "Molecular phylogeny of terrestrial artiodactyls". En Donald R. Prothero et Scott E. Foss, dir. The Evolution of Artiodactyls. ISBN 978-0-8018-8735-2.
Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.