Biblioteca Gabriel García Márquez

Biblioteca Gabriel García Márquez
Tipobiblioteca pública e edificio público
Data de fundación28 de maio de 2022
Nomeado en referencia aGabriel García Márquez
Director/aNeus Castellano
PremiosIFLA/Systematic Public Library of the Year Award
Localización
SedeSant Martí de Provençals
EnderezoTreball, 219
EnBarcelona e Sant Martí de Provençals
PaísEspaña
41°25′02″N 2°12′00″L / 41.417222222222, 2.2
Na rede
https://ajuntament.barcelona.cat/biblioteques/bibgarciamarquez e https://ajuntament.barcelona.cat/biblioteques/bibgarciamarquez
Twitter: bgarciamarquez Instagram: bibgarciamarquez Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Biblioteca Gabriel García Márquez é unha biblioteca pública situada no barrio barcelonés de Sant Martí de Provençals. Inaugurouse o 28 de maio de 2022.[1] Está especializada en literatura latinoamericana e recibe o seu nome do escritor colombiano Gabriel García Márquez, que viviu na capital catalá entre 1967 e 1975 e onde escribiu El otoño del patriarca.[2]

Proxecto

Os veciños do barrio de Sant Martí levaban anos reclamando a construción dunha biblioteca central, xa que só había unha no cuarto andar co Centro Cívico, desde os anos sesenta. En 2015 licitouse a construción do novo equipamento, adxudicado mediante concurso público a Suma Arquitectura, estudio dirixido por Elena Orte e Guillermo Sevillano.[3]

Consta de seis plantas e case 4.000 m², a terceira máis grande de Barcelona. Destaca o uso da madeira en todo o edificio, un material que aporta un ambiente máis acolledor e que contribúe ao obxectivo de reducir a pegada ambiental do centro. A súa aparencia desde o exterior evoca unha pila de libros abertos.[4]

Servizos

O fondo documental García Márquez era, no momento da súa inauguración, de 40.000 libros. A biblioteca está especializada en literatura latinoamericana e, entre outras actividades, organiza dende a súa inauguración o festival anual "KM América".[5] Tamén hai un espazo dedicado ao autor de banda deseñada Francisco Ibáñez -veciño do barrio-, que alberga a colección do artista de preto de 500 obras.[6]

Ademais, o recinto incorpora unha emisora de radio — Ràdio Maconda, a única nunha biblioteca de Barcelona —, espazos polivalentes, salas de lectura individuais, unha zona infantil e unha sala sensorial, pensada para usuarios con discapacidade visual.[7]

Galería

Premios

Equipo directivo da biblioteca recollendo o premio IFLA Systematic Public Library of the Year Award 2023.

O edificio, construído case totalmente en madeira, recibiu diversos premios polo seu deseño arquitectónico e a súa sensibilidade social e ecolóxica.

En novembro de 2022, a biblioteca recibiu o premio ao mellor equipamento, outorgado pola revista NAN.[8] En xaneiro de 2023 foi galardoada polo concello de Barcelona co Premio Cidade de Barcelona en arquitectura e urbanismo.[9]

En agosto de 2023, recibiu o Premio Internacional á Mellor Biblioteca Pública, un galardón outorgado pola Federación Internacional de Asociacións e Institucións de Bibliotecas (IFLA) entre os espazos inaugurais durante o ano anterior.[10][11]

Tamén é finalista de 2023 dos Premios FAD, que se entregan en outubro.[12]

Notas

  1. Camps, Magí (2022-05-29). "La biblioteca García Márquez, un pedazo de Macondo en Barcelona". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2023-09-10. 
  2. Hernández, Sergi (2021-04-16). "García Márquez, un premi Nobel, veí de Sarrià". beteve.cat (en catalán). Consultado o 2023-09-10. 
  3. Blanco, Andrés. "Un gran edificio, amable con sus vecinos. Biblioteca Gabriel García Márquez por SUMA Arquitectura". www.metalocus.es (en castelán). Consultado o 2023-09-10. 
  4. Allison, Gonzalo Moncloa (2022-05-26). "Los secretos de Macondo se esconden en Barcelona: nace la Biblioteca García Márquez, especializada en literatura latinoamericana". El País (en castelán). Consultado o 2023-09-10. 
  5. Molas, Sílvia Marimon (2022-05-23). "Fusta, vidre, hamaques i catifes: obre l'última gran biblioteca de Barcelona". Ara.cat (en catalán). Consultado o 2023-09-10. 
  6. ACN. "S'inaugura la nova biblioteca García Márquez, la tercera més gran de Baarcelona". Diari de Barcelona (en catalán). Consultado o 2023-09-10. 
  7. Redacción (2023-06-15). "La Biblioteca Gabriel García Márquez, a un pas de convertir-se en la millor del món". www.publico.es. Consultado o 2023-09-10. 
  8. "Revista NAN Arquitectura y construcción - 175". nanarquitectura.com (en castelán). 2023-01-30. Consultado o 2023-09-10. 
  9. "La Biblioteca Gabriel García Márquez obté el Premi Ciutat de Barcelona d'Arquitectura". ajuntament.barcelona.cat (en catalán). Consultado o 2023-09-10. 
  10. Redacción (2023-06-15). "La Biblioteca Gabriel García Márquez, a un pas de convertir-se en la millor del món". www.publico.es. Consultado o 2023-09-10. 
  11. Redacción. "La millor biblioteca pública del món és a Barcelona: la García Márquez guanya el guardó". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2023-09-10. 
  12. Axencias (2023-06-27). "La biblioteca Gabriel García Márquez de Barcelona es una de las finalistas de los FAD 2023". La Vanguardia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2023. Consultado o 2023-09-10. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!