Psiquiatra e psicoterapeuta de profesión, é un experimentado piloto de ultralixeiros e globos de aire quente. Obtivo a súa primeira plusmarca en acrobacia aérea con 16 anos de idade, e tempo despois gañou o campionato europeo de ala delta.
Dirixe o proxecto de avión impulsado por enerxías renovables Solar Impulse. Preside "Winds of Hope", unha fundación humanitaria. Así mesmo, é embaixador de boa vontade das Nacións unidas.
É neto de Auguste Piccard, inventor do batiscafo, e fillo de Jacques Piccard, quen logrou a plusmarca de maior distancia de inmersión no fondo mariño dentro dun batiscafo.
Volta ao mundo en globo
Canda o piloto británico Brian Jones, o 21 de marzo de 1999, completou a primeira volta ao mundo en globo aerostático sen escalas, batendo a plusmarca de permanencia en voo (19 días, 21 horas e 47 minutos) e percorrendo unha distancia aproximada de 46.759 quilómetros a bordo do globo Breitling Orbiter 3, guiado polo centro de control no aeroporto de Xenebra. Despois de engalar en Château D'Oex o 1 de marzo de 1999, aterrou no deserto exipcio, a 300 km ao oeste do Cairo, no oasis Bawiti.
El e mais Brian Jones completaron a volta ao mundo ao pasaren polo meridiano 9 W en Mauritania, no norte de África.