Beneath the Planet of the Apes é un filme dirixido por Ted Post que se estreou en 1970. Continuación do filme O planeta dos simios de 1968.
Unha nova nave procedente do espazo aterra ó mando do astronauta Brent, que acode na busca do desaparecido George Taylor. Volve atoparse cos simios que dominan o mundo, relegando os humanos á escravitude. Porén, coa axuda da doutora Zira seguirá as pegadas de Taylor ata a Zona Prohibida, en cuxas catacumbas (o antigo metro de Nova York) vive unha raza humana mutante con poderes telepáticos.