Bausen (en catalán: Bausén) é un concello do Val de Arán, na provincia de Lleida. Está situado no terçon de Quate Lòcs e é o concello máis setentrional de Cataluña e dos Pireneos españois, limítrofe con Francia.
Tiña en 2014 unha poboación de 49 habitantes, repartidos en 3 entidades de poboación: Bausen, Pontaut e Eth Pònt de Rei (deshabitado).
Cabe destacar a igrexa de Sant Pèir, construída no século XVIII.
Véxase tamén
Ligazóns externas