A 31 de decembro de 2016, os activos de Banco Popular eran de 147.926 millóns de euros, sendo a sexta entidade financeira española por volume de activos. Esa mesma data, contaba con 1.739 oficinas, 11.948 empregados e 4,6 millóns de clientes.
Cotizaba na Bolsa de Madrid (POP) e formaba parte do IBEX 35 até o 7 de xuño de 2017, cando a CNMV suspendeu preventivamente a súa cotización, afectando a máis de 300.000 accionistas minoritarios e foi vendido polo FROB ó Banco Santander polo valor simbólico de 1 euro, sendo o primeiro banco intervido co MUR polas autoridades europeas.[5][6][7]
Banco Santander anunciou que o proceso de integración de Banco Popular duraría entre un ano e medio e dous anos.[8] En 2017, a entidade estaba a levar a cabo un Expediente de regulación de emprego (ERE).[9]
Notas
↑"Banco Un-Popular". Banco Popular also has a strong franchise in small-to-medium-sized business lending.
↑"Popular, un banco líder entre las pymes españolas". Francisco José Baonza, aseguró que las pymes son «el núcleo en torno al que gira la actividad del banco con cerca de un 18% de cuota de mercado, según reflejan los últimos datos publicados por la Autoridad Bancaria Europea y del Banco Central Europeo».