"Bajo sus propias pistolas" é un sinxelo promocional da banda viguesa Siniestro Total, editado no ano 2000 polo selo Virgin Records. E o segundo sinxelo extraído do seu álbum La historia del blues, despois de "¿A quién vas a culpar?", canción que foi lanzada nun EP antes do álbum ese mesmo ano, e que tamén contiña a canción "Bajo sus propias pistolas".
O tema tamén aparece no recompilatorio do ano 2002 ¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos?. Segundo a historia que conta La historia del blues, está baseada no tema do mesmo título do ano 1961 da banda chamada Perfecto Mundo y su Mariachi, procedente de San Antonio, Texas, da que Jack Griffin era acordeonista e cantante.
A canción foi gravada por Julián Hernández (voz e guitarra); Javier Soto (guitarra e coros) (nos créditos do disco aparece co nome de Xavier F. Soto); Segundo Grandío (baixo e coros); Ángel González (batería); Jorge Beltrán (saxo tenor e coros); David R. Rial (trompeta); e coa colabroración de "Flaco" Jiménez no acordeón.
Listaxe de cancións
A letra está composta por Julián Hernández e a música por Julián Hernández e Javier Soto.
- "Bajo sus propias pistolas" - 4:26
|
---|
|
Álbums | |
---|
EPs | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Álbums en directo | |
---|
Sinxelos | |
---|